Criterios de redacción de proxectos

Compártao :

Compartir

Na redacción dos estudos e proxectos de estradas que elabore a Axencia Galega de Infraestruturas, ademais da normativa de estradas de aplicación, teranse en conta as Instrucións de Redacción de Proxectos e outras instrucións específicas que se sinalan a continuación.

Instrucións de Redacción de Proxectos

As Instrucións de Redacción de Proxectos sistematizan o procedemento a seguir para a redacción dos estudos e proxectos de estradas elaborados pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Trátase dunha regulación dos aspectos formais, dos contidos mínimos e do nivel de profundidade a acadar nos diferentes tipos de estudos e proxectos de estradas, así como nos documentos que os compoñen.

Á súa vez, detallan unha relación de prescricións que, se ben non están reguladas en ningún documento de carácter obrigatorio, foron establecidas como criterios de deseño pola Axencia Galega de Infraestruturas.

As Instrucións de Redacción de Proxectos complétanse co banco de unidades de obra civil para orzamentos de proxectos e o plan de ensaios en obras de estradas:

Banco de unidades de obra civil para orzamentos de proxectos

Neste epígrafe achégase, nun arquivo comprimido para a súa descarga, o banco de unidades de obra civil aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas para o seu emprego dos orzamentos dos seus proxectos de estradas (en formatos bc3 e ods).

Acompáñase tamén dun manual para a elaboración do orzamento dos proxectos de estradas empregando o devandito banco de unidades.

Plan de ensaios en obras de estradas

A continuación achégase, nun arquivo comprimido para a súa descarga, unha folla de cálculo que contén un modelo de plan de ensaios a incluír nos proxectos de estradas elaborados pola Axencia Galega de Infraestruturas (en formatos xls e ods).

Instrucións específicas

Finalmente, neste apartado recompílanse unha serie de instrucións específicas, emitidas pola Axencia Galega de Infraestruturas, relativas a determinados proxectos de estradas.

Instrución para o deseño de sendas peonís-ciclistas

A Instrución 3/2021, de 25 de marzo, da Axencia Galega de Infraestruturas, para o deseño de sendas peonís-ciclistas en estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia vén de actualizar os criterios técnicos en base á experiencia acumulada e coa fin de optimizar as solucións, respecto das anteriores ordes circulares 4/2017, 4/2016 e 3/2016:

Modelos para proxectos de reforzo de firme

No seguinte enlace achégase, nun arquivo comprimido para a súa descarga, unha serie de modelos para a redacción de proxectos de reforzo de firmes, abranguendo tanto os formatos a empregar como certos aspectos comúns do contido destes (prego de prescricións técnicas particulares):

Guía para o deseño de paradas de autobús na Rede Autonómica de Estradas de Galicia

No seguinte enlace achégase a Guía para o deseño de paradas de autobús na Rede Autonómica de Estradas de Galicia, elaborada en maio de 2022:

Aspectos a ter en conta para a redacción dos proxectos de adaptación de estradas ao Plan de baixa IMD

No seguinte enlace achégase a Nota informativa da Subdirección Xeral de Conservación e Explotación, da Dirección Xeral de Infraestruturas, sobre aspectos a ter en conta para a redacción dos proxectos de adaptación de estradas ao Plan de baixa IMD, emitida o 4 de maio de 2022: