CMATI

|
|
|
Compartir

Pregos e Proxectos de Explotación (Xullo 2019)

De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda elaborou un anteproxecto de explotación da concesión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, que será obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.

Logo da súa tramitación e sometemento a información pública, e logo da súa aprobación, acorda publicar na web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda o dito proxecto de explotación da concesión de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral XG502 Eixo de Laza.

Por outra banda, a efectos informativos, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá publicidade aos pregos de contratación que rexerán o procedemento de licitación.

 

Publícase, ademáis, a información contida nos anexos dos proxectos en formato editable, á cal poderá acceder mediante a súa descarga nos enlaces inferiores ("documentos relacionados"). No caso de discrepancia, considerarase correcta a información publicada nos proxectos en formato PDF.

Documento/s relacionados