CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Conselleira de Infraestruturas e Movilidade

Estamos a construír unha Galicia máis moderna, cohesionada e sostible, onde se protexan as cores azul e verde, -o mar e a terra-, sinais de identidade que nos caracterizan.

En nome da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade quero darlles a benvida ao espazo web deste departamento no portal corporativo da Xunta de Galicia, co ánimo de que todos os cidadáns atopen nel  información de utilidade sobre o traballo que día a día realizamos co único obxectivo de mellorar a calidade de vida das galegas e os galegos.

Represento a un conxunto de profesionais que guían o seu traballo polo obxectivo de continuar a avanzar na vertebración do noso territorio a través de mellores infraestruturas e de servizos de transporte máis seguros e sostibles. Estamos igualmente comprometidos con avanzar cara a unha axeitada xestión do ciclo da auga en Galicia, completando plenamente o saneamento das nosas rías e ríos e encarando o gran desafío que supón a protección e a xestión dos recursos hídricos nun contexto de cambio climático, facendo compatible a cobertura das necesidades humanas coa conservación do medio ambiente.

Son grandes tarefas nas que nos comprometemos a traballar co mesmo grao de ilusión que de responsabilidade e, por suposto,  sen escatimar esforzos para sacar adiante proxectos beneficiosos para Galicia e os seus habitantes.

Na era dixital que vivimos, aspiramos a facer deste un espazo vivo e diáfano que mostre con transparencia e de forma permanentemente actualizada todos os pasos que damos cara esas metas fixadas, así como información precisa sobre aquelo que lles poda resultar de interese sobre as actuacións desta Consellería. E que, ao mesmo tempo, funcione como unha canle eficaz para que os cidadáns poidan trasladarnos as súas achegas e consideracións.

 

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Conselleira de Infraestruturas e Vivenda.