CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Teresa Gutiérrez toma posesión como nova directora de Augas de Galicia

Gutiérrez López asume os retos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para seguir avanzando no saneamento das rías, na xestión do ciclo integral da auga e na eficiente xestión e explotación das infraestruturas hidráulicas

A traxectoria profesional da nova responsable do organismo público está vencellada á xestión da auga na Administración autonómica desde o ano 2003
 

  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, presidiu hoxe a toma de posesión de Teresa María Gutiérrez López como nova directora do organismo público Augas de Galicia
  • A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, presidiu hoxe a toma de posesión de Teresa María Gutiérrez López como nova directora do organismo público Augas de Galicia

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, presidiu hoxe a toma de posesión de Teresa María Gutiérrez López como nova directora do organismo público Augas de Galicia.

Gutiérrez López asume os retos máis importante que ten por diante na súa responsabilidade ao fronte de Augas de Galicia. E que, tal e como salientou Vázquez Mourelle inclúen o saneamento das rías, nas que xa se ten dados pasos de xigante, a atención as necesidades da xestión do ciclo integral da auga no novo marco de cambio climático que afecta a los recursos hídricos, e a eficiente xestión e explotación das infraestruturas hidráulicas.

Teresa Gutiérrez López é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Escola Superior de Santander e a súa traxectoria profesional está vencellada á xestión da auga na Administración autonómica desde o ano 2003, en que ingresou na Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

No ano 2005 accedeu por oposición ao posto de xefa do departamento da Oficina Técnica do organismo hidráulico autonómico e actualmente viña desenvolvendo as mesmas funcións en Augas de Galicia.

Tamén ocupou entre os anos 2013 e 2014 a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e exerceu como concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible no Concello de Santiago.

Teresa Gutiérrez substitúe na dirección de Augas de Galicia a Roberto Rodríguez Martínez, que ocupaba este cargo desde novembro de 2015.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es