CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O Corredor do Morrazo rexistrará mañá cortes puntuais para avanzar na ampliación do paso inferior no tramo III da autovía

Estes cortes realizaranse entre as 8.30 e as 19.30 horas, establecendo paso alternativo ao tráfico neste punto pola marxe esquerda do corredor

Cómpre lembrar que esta semana tamén comezará o transporte das vigas do viaduto da Fraga, o que implicará cortes puntuais na rede viaria circundante

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2018.- O corredor do Morrazo rexistrará mañá cortes puntuais para avanzar nas obras do terceiro tramo da autovía.

A ampliación do paso inferior situado no Pq. 9+660 desta infraestrutura viaria, que se está a levar a cabo estes días, fai preciso realizar peches puntuais.

Para executar estas actuacións serán necesarios estes cortes entre as 8.30 e as 19.30 horas, establecendo paso alternativo ao tráfico neste punto pola marxe esquerda do corredor.

Cómpre lembrar que no marco da execución deste terceiro treito da autovía, esta semana tamén comezará o transporte das vigas do viaduto da Fraga, o que implicará cortes puntuais na rede viaria circundante.

As interrupcións puntuais na circulación coincidirán co momento do paso do transporte das vigas prefabricadas con destino ao viaduto, e terán lugar na estrada provincial Meira-Moaña e no paso superior situado no enlace de Meira. O tráfico será desviado polo ramal de acceso ao enlace de Meira.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es