CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta financia con 30.400 euros a mellora da recollida das augas pluviais no núcleo da Meda, en Castroverde

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Vicepresidencia aporta o 85 por cento do orzamento desta actuación

Castroverde (Lugo), 11 de setembro de 2018.- A Xunta de Galicia destinou ao Concello de Castroverde unha achega de 30.400 euros para executar o proxecto de mellora de recollida das augas pluviais no núcleo da Meda.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aporta aproximadamente o 85% do orzamento desta actuación.

Esta intervención ten como obxectivo solucionar os problemas de evacuación das augas de escorrentía que padece este núcleo de Castroverde, como consecuencia das cotas do pavimento existente.

Estas deficiencias ocasionan desaugues de pluviais cos conseguintes arrastres de materiais que afectan a propiedades privadas anexas aos camiños e tamén á propia igrexa parroquial. Ademais, isto contribúe a que se deterioren as zonas pavimentadas deste núcleo.

O proxecto contempla levar a cabo obras de acondicionamento que permitan mellorar as condicións de recollida e canalización das aguas pluviais. Con este propósito, está previsto actuar nas superficies pavimentadas e elevar as tapas de rexistro e sumidoiros ata o nivel que acade o novo pavimento.

O delegado territorial destacou a cooperación da Xunta cos concellos galegos co obxectivo de que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, especialmente á hora de garantir a calidade de vida dos veciños e veciñas do medio rural.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es