CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas frecuentes sobre o Xurado de Expropiación de Galicia

A seguinte sección ten como obxectivo axudar ao usuario na resolución das súas dúbidas máis habituais sobre o Xurado de Expropiación de Galicia. Para iso clasificamos as consultas que nos realizaron ata agora por categorías para facilitar a súa localización. Se non atopa a información que lle interesa poderá tamén contactar connosco enviando as súas preguntas ou suxestións por correo electrónico usando o formulario habilitado para iso e que atopará ao final de cada categoría de consultas.

Sobre o Xurado de Expropiación de Galicia:

  • Que é o Xurado?: É un órgano colexiado permanente da comunidade autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.
  • Cando empezou a súa competencia?: Desde o día 14 de febreiro de 2006.
  • Desaparecen os Xurados Provinciais?: Non, quedarán tan só para as Expropiacións aprobadas pola Administración Xeral do Estado, así mesmo rematarán os expedientes que teñan pendentes de resolución ata o día de constitución do novo Xurado de Expropiación de Galicia.(14/02/06).
  • Como funciona?: Unha vez que entra no rexistro do Xurado, o expediente distribúese en función da materia nas diferentes seccións, que elaborarán unha proposta motivada na que se valorarán cantas probas e alegacións se incorporasen a el, e a proposta das seccións elevarase ao pleno para a adopción da resolución que proceda.

Sobre expedientes e resolucións:

  • Que expedientes chegan ao Xurado?: Só aqueles nos que non se alcanzou un acordo no prezo do ben ou dereito obxecto da expropiación entre a Administración expropiante e o expropiado.
  • Quen remite o expediente ao Xurado?: A Administración expropiante, que remitirá o expediente foliado numéricamente na orde cronolóxica da súa formación, cunha dilixencia final que certifique o número de folios útiles e a data de remisión ao Xurado.
  • Que prazo de resolución ten o expediente?: O prazo de resolución é de tres meses dende a remisión (a entrada no rexistro) do expediente completo.
  • A quen lle notifican a resolución?: A resolución comunícase ao Expropiado y á Administración Expropiante.
  • Que acontece se estou de acordo coa resolución?: Se a Administración expropiante non recorre, ordenará o pagamento mediante o libramento e o Alcalde do concello quen levou a cabo a expropiación sinalará día, hora e local para efectuar o pagamento.
  • Que acontece se non estou de acordo coa resolución?: Pódese interpoñer recurso de reposición ante o propio Xurado, no prazo de un mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso Administrativo.

¿Non resolveu a súa dúbida? Redáctenos a súa consulta e responderémoslle de xeito personalizado