CMATI

|
|
|
Compartir

Vicesecretaría Xeral

Con nivel orgánico de subdirección xeral a Vicesecretaría Xeral é a unidade que exercerá as seguintes funcións:

  • a) Xestión e control dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.
  • b) A xestión dos expedientes de contratación administrativa de competencia da consellería.
  • c) Xestión dos expedientes de subvencións que non sexan competencia doutros órganos da consellería.
  • d) Coordinación do parque móbil da consellería, sen prexuízo das competencias que corresponden a outros departamentos da Xunta de Galicia e coordinación das dotacións relativas ao vestiario do persoal.
  • e) Formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.
  • f) Realizar as funcións inspectoras sobre todos os órganos e servizos de carácter técnico da consellería.
  • g) Recoñecer, comprobar e recibir os contratos administrativos executados polos distintos órganos e servizos da consellería.
  • h) Asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, e en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.