CMATI

|
|
|
Compartir

Publicidade FEDER

PO FEDER Galicia 2014-2020 "unha maneira de facer Europa"

Unión Europea

O Programa Operativo componse de obxectivos temáticos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de acción que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse o 12/02/2015 por Decisión da Comisión.

A Dirección Xeral de Mobilidade desenvolve distintas operacións dentro do marco dun obxectivo específico , e dúas actuacións CPSO, que se detallan a continuación:

Obxectivo Temático

04

Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores

Prioridade de Investimento

04.05

Fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente as zonas urbanas, incluíndo o fomento da mobilidade urbana multimodal sostible e as medidas de adaptación con efecto de mitigación

Obxectivo Específico

04.05.01

Fomento da mobilidade urbana sostible: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista, peonil, mobilidade eléctrica, e desenvolvemento de sistemas de subministro de enerxías limpas

Actuación CPSO

4.5.1.2

Articulación dos diferentes modos de transporte co obxectivo de acadar a intermodalidade nos centros de transporte da Comunidade Autónoma de Galicia

Actuación CPSO

4.5.1.3

Desenvolvemento e integración dun sistema de xestión do transporte en función da demanda na Comunidade Autónoma de Galicia

De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a dirección xeral informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento, na pestaña correspondente ao obxectivo temático 6 recóllense nunha ficha as distintas operacións financiadas con fondos europeos.

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao públicio do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio de internet, de maneira proporcional ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.