CMATI

|
|
|
Compartir

Funcións da Dirección Xeral de Mobilidade

A Dirección Xeral de Mobilidade ten como obxectivo o fomento do sector do transporte, dende as súas distintas vertentes.

Nesta actuación de fomento, avogaremos, no que se refire ao sector de transporte de viaxeiros, pola adopción de políticas favorecedoras do uso do transporte público dirixidas, basicamente, cara ao cidadán, coa mellora e dotación de novos servizos, a redución do prezo dos billetes, a instauración de billetes combinados e adoptando medidas específicas para cada sector concreto da sociedade, por exemplo, para a xente nova, as zonas rurais, as áreas metropolitanas...

En canto ao transporte de mercadorías, as actuacións deste departamento van encamiñadas a garantir a súa competitividade nun sector liberalizado onde continuamente aparecen novos retos aos que o sector debe facer fronte.

Finalmente, respecto ao resto dos modos dos transportes, sobre os que a Comunidade Autónoma de Galicia non ten competencia exclusiva, poremos o noso esforzo en conseguir que os mesmos ofrezan a calidade e dean a resposta axeitada ás demandas dos galegos e galegas.

Xestiona as competencias que, en materia de transportes, ostenta a Xunta de Galicia, de acordo co establecido no Estatuto de Autonomía de Galicia nos termos sinalados na Constitución española.

Isto abarca:

Transporte de Viaxeiros:

  • A competencia exclusiva sobre todos os servizos concesionais circunscritos ao territorio galego.
  • A competencia exclusiva para outorgar autorización de transportes regulares de uso especial, como o transporte de escolares a centros públicos, privados ou transporte de universitarios.
  • O outorgamento, modificación e extinción de autorizacións de transporte discrecional de autobuses que realizan servizos estacionais (transportes a praias) ou de excursión.

Transporte de Mercadorías:

Correspóndelle o outorgamento, modificación e revocación de autorizacións de transporte relativas a camións.

Política de Infraestruturas:

Dotación de infraestruturas conexas cos transportes de viaxeiros e mercancías: Estacións de Autobuses, áreas de estacionamento de autobuses, centros de Transportes de Mercancías e Centros Loxísticos, áreas de aparcadoiro e descanso das frotas de vehículos de mercancías.

Outros modos de transporte:

Aínda que as competencias sobre transporte aéreo e ferroviario corresponden á Administración Xeral do Estado, a Dirección Xeral de Mobilidade asume accións de planificación e financiamento de liñas de acción concretas.

Así mesmo, creouse un Comité especial do transporte aéreo, no que se integran representantes da Xunta de Galicia, dos Concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, das Cámaras de Comercio, da Confederación de Empresarios de Galicia, das Asociacións de Consumidores e Usuarios e os Sindicatos.

Igualmente estanse a acometer os estudos previos para a posible implantación dunha rede de metro lixeiro nas áreas metropolitanas da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Inspección:

A Dirección Xeral de Mobilidade desenvolve unha inxente labor de inspección e control para garantir a seguridade viaria, o respecto aos dereitos dos usuarios de transporte, e o mantemento de condicións de competencia leal entre operadores.

Á primeira finalidade correspóndenlle as inspeccións de excesos de cargas en transportes de mercancías, os de tempos de condución e descanso dos condutores e das condicións de prestación de transporte de escolares e menores.

Ligazon/s relacionadas