CMATI

|
|
|
Compartir

Pregos e Proxectos de Explotación (Xullo 2019)

De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade elaborou o anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada XG502 Eixo de Laza, que será obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.
 
Xa que logo, acordouse someter a información pública durante dez días naturais, a contar a partir do día seguinte ao de publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, o anteproxecto de explotación de servizos de transporte XG502 Eixo de Laza.
 
Durante o dito prazo o anteproxecto obxecto de información pública estará dispoñible para calquera interesado nesta páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, e as empresas e demais interesados en xeral poderán formular as alegacións que consideren en relación co contido do anteproxecto.
 
Igualmente, as empresas con capacidade para a súa prestación poderán propoñerse para ser invitadas para a presentación de ofertas nos termos do artigo 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro.
 
As ditas alegacións e os ofrecementos para a remisión de invitacións para formular oferta, serán presentadas a través do enderezo de correo electrónico transportepublico@xunta.gal, ou remitidas á Dirección Xeral de Mobilidade consonte co previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documento/s relacionados