CMATI

|
|
|
Compartir

Manual de identidade corporativa «Transporte Público de Galicia»

O punto quinto do Acordo polo que se fixan criterios complementarios en relación co proceso de integración das distintas modalidades de transporte público de competencia da Xunta de Galicia que faciliten a optimización deste servizo público, no marco do procedemento para a implantación da primeira fase da planificación do transporte público de Galicia, publicado por Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 6 de xullo de 2017 (DOG n.º 129, do 7 de xullo) establece:

"Sen prexuízo da observancia do vixente código de identificación corporativa da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 409/2009, do 5 de novembro, e da marca turística de Galicia, aprobada polo Decreto 121/2011, do 16 de xuño, os órganos da Xunta de Galicia competentes en materia de transporte, cando desenvolvan calquera acción relacionada co ámbito do transporte público, utilizarán como elemento adicional en todas as súas accións de comunicación, e na documentación administrativa, a imaxe corporativa «Transporte Público de Galicia», cuxo manual de identidade corporativa se publicará na páxina web da consellería competente en materia de transporte".

Para dar cumprimento á dita disposición, publícase o manual de identidade corporativa citado, que se pode descargar premendo aquí.