CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivos e actuacións

O transporte de mercadorías, como sucede na maior parte da Unión Europea, padece dun notable minifundismo empresarial.tuaci

Das 8.409 empresas operadoras de Transporte Público, 5.623, o 68,8% ten tan só un vehículo, mentres que 6.918, é dicir o 82,2%, non ten máis de dous vehículos.

Os tres grandes desafíos que ten que afrontar o sector son:

  • A competencia nun mercado máis amplo como é o da Unión Europea que, ademais, incrementou a súa extensión xeográfica coa ampliación cara ao leste.
  • A redefinición do papel do transportista, inmerso nun proceso de transformación desde o mero carrexador á persoa que presta servizos loxísticos máis complexos e dotados de máis valor engadido.
  • A competencia nun mercado onde o ferrocarril vai adquirir crecente protagonismo tanto polas melloras infraestruturais como polas políticas de impulso dos medios de transporte máis ecolóxicos que promove a Comisión da Unión Europea.

Estes retos non se poden afrontar desde estratexias individuais, cómpre alcanzar a masa crítica que permita:

  • Negociar ao mesmo nivel cos cargadores.
  • Alcanzar mellores condicións dos provedores.
  • Ofertar mellores prestacións aos usuarios.

A devanditos efectos desde a Consellería impulsaranse tres liñas de acción: 

Actuacións infraestruturais

Nestes momentos, a Consellería está a impulsar o denominado Porto Seco de Monforte de Lemos, cuxas características se indican a continuación:

  • Uso industrial e terciario: 173.086 m2
  • Equipamentos Públicos: 19.380 m2
  • Zona verde: 58.313 m2
  • Rede viaria e aparcadoiro asociado: 41.082 m2
  • Aparcadoiros: 4.643 m2
  • Plataforma intermodal: 10.549 m2
  • Total superficie: 307.053 m2
  • Investimento: 9 M de Euros (IVE engadido)

Por outra banda, a Consellería vela porque as novas infraestruturas inclúan áreas de especialmente axeitadas para facilitar o cumprimento da normativa de tempos de condución e descanso. Neste eido, promove a realización de Zonas de Parada para Transportistas na rede de estradas de Galicia, con accesos adecuados, área de aparcadoiro e área de descanso, e coas instalacións básicas de subministración de auga potable, aseos, recollida de lixo e iluminación.

Formación

Conductores, Cuadros e Empresarios.

Asociacionismo

Asociaciones Profesionales de Transportistas