CMATI

|
|
|
Compartir

O sector en cifras

O transporte público de viaxeiros abarca varios subsectores e diferentes modalidades de prestación de servizos

  • Transporte en autobús.
  • Transporte en taxi.

Os autobuses prestan tres tipos fundamentais de servizos:

  • Discrecionais contratados por vehículo completo e sen periodicidade nin regularidade. Exemplo típico, as excursións.
  • Regulares de uso especial contratados por vehículo completo por un só contratante/pagador do servizo e para un grupo homoxéneo e fixo de usuarios que se trasladan a un centro común de estudos, traballo ou doutra índole. Caso típico, o transporte de escolares que en Galicia alcanza unha entidade sen parangón con outras Comunidades Autónomas como demostra o feito de que cun orzamento de 85,2 millóns de Euros (14.716 millóns de pts.) sexa con diferenza a Comunidade que máis fondos públicos dedica a estes servizos.
    O orzamento para o curso vixente que creceu un 8,1% respecto ao do curso anterior tan só se refire aos centros públicos e privados concertados nos niveis de educación obrigatoria, e financia o traslado de 133.500 estudantes en 2.441 autobuses cun percorrido medio diario de máis de 100.000 km.
  • Regulares de uso xeral. Os que presta un operador en réxime de monopolio en virtude dunha concesión, para trasladar a usuarios indeterminados (uso xeral) a través de itinerarios, calendario e horarios predeterminados (regular) pola Administración que, así mesmo determina todos os aspectos de servizo desde a tarifa ata as características dos vehículos.

Galicia presenta unha rede moi tupida de concesións que practicamente chega a todos os núcleos de poboación en base a un sistema concesional que abarca:

  • Nº Concesións: 154
  • N. Itinerarios: 1.372
  • Nº Paradas: 8.310
  • Vehículos adscritos: 2.597
  • Expedicións/ano: 1.907.008
  • Kms/bus ano: 92.246.170
  • Viaxeiros/ano: 457.363.144
  • Total de usuarios: 22.900.966
  • Total de kms: 51.069.939,9

Isto supón que a media diaria de servizos de transporte é de 4.481, ou que cada día os vehículos adscritos a servizos concesionais percorren 114.403 Km. e trasladan a 120.996 viaxeiros, todo isto sen contar, é obvio, cos transportes urbanos de competencia dos Concellos.