CMATI

|
|
|
Compartir

Plan de accesibilidade do transporte interurbano ao centro urbano da Coruña

Consulte os novos horarios da 4ª fase. A partir do 28 de maio

A Xunta de Galicia aprobou en xuño de 2017 o Plan de Accesibilidade do transporte interurbano ao centro urbano da cidade da Coruña.

O obxectivo de dito plan e mellorar o acceso do transporte público á cidade da Coruña, diminuíndo o tempo de viaxe ao destino final.

A mellor penetración das liñas interurbanas ás cidades suporá unha mellora moi significativa da conectividade dos residentes na área metropolitana. Porén este plan non estuda unicamente as liñas de carácter metropolitano, senón tamén as interurbanas.

A cidade e os seus comercios serán máis atractivos aos residentes dos núcleos veciños e gozarán dos beneficios dun maior uso do transporte público sobre a diminución da contaminación e da conxestión nas cidades.

O 6 de novembro de 2017 iniciouse a implantación da primeira fase con liñas procedente dos concellos de Cambre, Bergondo, Culleredo, Sada e Oleiros.

O 26 de febreiro de 2018 iniciouse a implantación da segunda fase con liñas procedentes dos concellos de Laracha, Carballo, Curtis, Abegondo e Oza-Cesuras.

O 30 de abril de 2018  iniciouse a implantación da terceira fase con liñas procedentes dos concellos de Carral, Cambre e Culleredo.

O 28 de maio de 2018 iníciase a implantación da cuarta fase con liñas procedentes dos concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Miño, Betanzos, Bergondo, Cambre, Oleiros, Ordes, Carral e Culleredo.

Documento/s relacionados
  • Plan de accesibilidade do transporte interurbano ao centro urbano da Coruña Descargar
  • Horarios 1ª Fase, vixentes dende o 6 de novembro de 2017 Descargar
  • Horarios 2ª Fase, vixentes dende o 26 de febrero de 2018 Descargar
  • Horarios 3ª Fase, vixentes dende o 30 de abril de 2018 Descargar
  • Horarios 4ª Fase, vixentes dende o 28 de maio de 2018 Descargar