CMATI

|
|
|
Compartir

Transporte de viaxeiros: transporte escolar e de viaxeiros

Se vostede é transportista particular ou representa unha sociedade de transportes que se quere dedicar ao transporte de estudantes, alumnos de educación especial ou de produtores, desde os seus lugares de residencia aos centros nos que desenvolvan a súa actividade, dentro do ámbito territorial de Galicia, debe solicitar da Xunta de Galicia a oportuna autorización.

Deberá levar sempre a súa autorización no vehículo, ou copia compulsada desta, xunto co libro de reclamacións no que se farán constar todas as que se efectúen.

Solicitude autorización e prórroga transporte escolar e/ou de obreiros

Obtención da autorización de transporte escolar e/ou de obreiros. A autorización terá vixencia durante o curso escolar, ou no caso de transporte de produtores, durante todo o ano. A autorización de transporte escolar e/ou de obreiros pode ser prorrogada cando as condicións obxectivas nas que foi autorizado o servizo non experimentasen variacións. Para o efecto de conceder a prórroga, a Administración valorará o cumprimento dos termos do contrato e o grao de satisfacción dos usuarios.

Solicitude e documentación - Centros Públicos.

Solicitude e documentación - Centros Privados/Obreiros.