CMATI

|
|
|
Compartir

Plan RENOVE das E.A. de Galicia

O 3 de xaneiro de 2013 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presentou o Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia como un proxecto para mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

O obxectivo do plan é engadir valor a estas instalacións de servizo público, ao mesmo tempo que se mellora a calidade que perciben os viaxeiros ao potenciar aspectos como a accesibilidade, información aos usuarios, supresión de barreiras arquitectónicas, intermodalidade .... tendo en conta que a maioría das estacións da rede galega foron construídas nos anos 70, 80 e 90 do século pasado, sen que estean adaptadas ás novas esixencias normativas de accesibilidade (tanto dos modos de transporte como dos usuarios), cunha clara necesidade de adaptación de elementos para facer posible este obxectivo.

A Lei 51/2003, do 2 de decembro, sobre igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, estableceu o marco de referencia para ir progresivamente avanzando na adopción e implantación das medidas para garantir e facer efectivo o dereito á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade conforme aos artigos 9.2, 10, 14 e 49 da Constitución.

Esta actuación finánciase nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e encádrase no Eixe 4 (transportes e enerxía), Tema Prioritario 25 (transporte urbano) do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Documento/s relacionados
  • Encomenda de xestión a AXI da execución do PLAN RENOVE das E.A. de Galicia Descargar