CMATI

|
|
|
Compartir

O informe do Conselleiro de Seguridade

As empresas que transporten ou realicen operación de carga e descarga de mercadorías perigosas teñen que presentar un informe á administración

Unha das obrigacións das empresas que realicen transporte ou operacións de carga ou descarga con mercadorías perigosas, segundo o establecido na Disposición Final Primeira do Real Decreto 551/2006 de 5 de maio, polo que se regula as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada, é a remisión, á comunidade autónoma onde se atope radicada a sede social da empresa, dun informe anual elaborado conforme ao establecido na Orden FOM/2924/2006, de 19 de setembro, pola que se regula o contido mínimo do informe anual para o transporte de mercadorías por estrada, por ferrocarril e por vía navegable.
Co fin de facilitar e simplificar os trámites administrativos que o cumprimento desta obriga supón creouse unha aplicación de internet para a realización do devandito informe e a súa automática remisión por vía telemática á administración.