CMATI

|
|
|
Compartir

Estación intermodal de Santiago de Compostela

TERMINAL DE AUTOBUSES INTEGRADA NA ESTACIÓN INTERMODAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela é unha operación promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Mobilidade e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático OT4 “Conseguir unha economía máis limpa e sostible”.

Unión Europea

A actuación a desenvolver consiste na execución dunha nova estación de autobuses en terreos anexos á actual estación de ferrocarril de Santiago de Compostela de maneira que ambas estacións xuntas conformen unha estación intermodal que integre o transporte público de viaxeiros en autobús co transporte público de viaxeiros en ferrocarril na cidade de Santiago de Compostela.

Os obxectivos perseguidos con esta actuación son:

- Mellorar a calidade ambiental ao potenciar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible:

- Incrementar os usuarios do transporte público.

Actuacións desenvolvidas ata o de agora no marco desta operación:

- Contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 42.108,00 €

• Data de comezo: 19/06/2015

• Data de remate: 19/10/2015

• Financiado con fondos da comunidade autónoma.

- Contrato de servizo para a redacción dos proxectos básicos e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

• Data de licitación: 10/12/2015

• Presuposto base de licitación (IVE incluído): 307.327,42 €

• Presuposto base de adxudicación (IVE incluido): 215.129,19€

• Data de comezo: 22/04/2016

• Data de remate: 22/11/2016

Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020