CMATI

|
|
|
Compartir

Estación intermodal de Ourense

TERMINAL DE AUTOBUSES INTEGRADA NA ESTACIÓN INTERMODAL DE OURENSE

A terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense é unha operación promovida pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Mobilidade e cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, dentro do obxectivo temático OT4 “Conseguir unha economía máis limpa e sostible”.

Unión Europea

A actuación a desenvolver consiste na execución dunha nova estación de autobuses en terreos anexos á actual estación de ferrocarril de Ourense de maneira que ambas estacións xuntas conformen unha estación intermodal que integre o transporte público de viaxeiros en autobús con transporte público de viaxeiros en ferrocarril na cidade de Ourense.

Os obxectivos perseguidos con esta actuación son:

- Mellorar a calidade ambiental ao potenciar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible.

- Incrementar os usuarios do transporte público.

Actuacións desenvolvidas ata o de agora no marco desta operación:

- Contrato de servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense

• Presuposto de adxudicación (IVE incluído): 38.107,64 €

• Data de comezo: 06/08/2015

• Data de remate: 06/12/2015

• Financiado con fondos da comunidade autónoma.

- Contrato de servizo para a redacción dos proxectos básicos e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense

• Data de licitación: 30/12/2015

• Presuposto base de licitación (IVE incluído): 147.756,91 €

• Presuposto de adxudicación (IVE incluido): 103.577,60 €

• Data de comezo: 30/03/2016

• Data de remate: 30/12/2016

Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020.

- Servizo de asistencia técnica para a redacción dos estudos previos de proxecto de "Obras dun novo aparcadoiro de turismos integrado na nova estación intermodal de Ourense"

• Presuposto base de licitación (IVE incluido): 21.677,69€

• Presuposto base de adxudicación (IVE incluido): 12.302,80€

• Data de comezo: 05/10/2016

• Data de remate: 05/10/2016

Cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do PO FEDER Galicia 2014-2020.