CMATI

|
|
|
Compartir

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia é un órgano extraxudicial de resolución de conflitos xurdidos durante a execución de contratos de transporte. Así, presentando unha reclamación ante este órgano, ponse en marcha un procedemento arbitral ao que son chamadas as dúas partes, que expoñen as súas posicións, e finalmente a Xunta Arbitral decide a través dun laudo arbitral, que ten un valor equivalente ao dunha sentenza xudicial.

Poden empregar esta vía tanto as persoas consumidoras e usuarias como os profesionais, para reclamar, por exemplo:

  • impagamento de servizos de transporte
  • danos ou perdas ocasionados a equipaxes durante un servizo de transporte público
  • danos ou perdas de vultos en servizos de paquetería
  • cobros excesivos en servizos de transporte público de viaxeiros/as ou en servizos de aluguer de vehículos sen condutor
  • etc.

Para reclamar, hai que redactar un escrito, acompañado das probas necesarias, e presentalo nun rexistro administrativo ou envialo por correo dirixido ao seguinte enderezo:

Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
Praza de Europa, 5A – 2º andar
Área Central – Fontiñas
15707 Santiago de Compostela

Para que lle resulte máis fácil elaborar ese escrito, pode empregar o modelo que ten dispoñible máis abaixo.

Unha vez presentado o escrito, citarase a ambas partes a unha vista oral, que se celebrará en Santiago de Compostela, e logo da cal se ditará o laudo arbitral, que é obrigatorio para ambas as dúas partes.

Pode obter máis información sobre a Xunta Arbitral na sección de preguntas frecuentes (menú da esquerda) ou no teléfono 981 54 45 65.

Documento/s relacionados
  • Modelo de reclamación ante a Xunta Arbitral de Transportes Descargar
  • Modelo de solicitude de depósito (formato PDF) Descargar  (36 KB)
  • Composición da Xunta Arbitral Descargar
  • Modificación da composición da Xunta Arbitral Descargar