CMATI

|
|
|
Compartir

Obxecto das axudas

O 31 de maio publicase no DOG a resolución do 10 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2017. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes entre o 01 de xuño e o 30 de xuño de 2017.

Esta liña de axudas ten por obxecto facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, e deste xeito consolidar a formación como un dos bens máis importantes cos que conte o sector empresarial do transporte galego.

Está dirixida ás entidades colaboradoras da administración que se integran no Comité Galego de Transportes, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para acceder ás axudas é obrigatorio formular a solicitude a través da sede electrónica, cuxo enlace está situado máis abaixo. Así mesmo, tamén pode descargar a guía de referencia na que se establecen as características, duración e importes óptimos estimados para os cursos subvencionables.

Se ten algunha dúbida sobre o procedemento pode poñerse en contacto coa Dirección Xeral de Mobilidade, a través do teléfono 881 995053  ou enviando un correo electrónico a formacion.transportes@xunta.es.

Documento/s relacionados