CMATI

|
|
|
Compartir

Funcións e Estrutura da Axencia Galega de Infraestruturas

Á Axencia Galega de Infraestruturas correspóndelle o exercicio das funcións que establece o Decreto 173/2011 (modificado polo Decreto 165/2015 ) , entre elas as mais salientables son as seguintes:

1.- En materia de estradas:

  • A elaboración dos plans, programas de actuacións e orzamentos e o control e axuste destes, en relación coas estradas que sexan competencia da consellería.
  • A elaboración da planificación operativa, así como os estudos, anteproxectos e proxectos correspondentes, e as actuacións relativas a redes arteriais, así como a tecnoloxía de estradas.
  • O estudo, coordinación e control do desenvolvemento e incidencias das obras ao seu cargo.
  • O inventario, conservación e sinalización das estradas e os servizos complementarios nas zonas de dominio público, de servidume e de afección das estradas, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Economía e Facenda en materia de patrimonio.
  • A tramitación e resolución, se procede, de todas as autorizacións e concesións que de acordo coa lexislación específica sexan da súa competencia.
  • A tramitación e, se é o caso, resolución de expedientes sancionadores en materia de estradas.
  • Informe, proposta e, se é o caso, resolución dos recursos interpostos en materia de estradas.
  • A tramitación dos expedientes de contratación e de expropiación forzosa no ámbito das súas competencias.
  • A instrución, tramitación e proposta de resolución dos expedientes de responsabilidade patrimonial no ámbito das súas competencias.

2.- En materia de portos:

A coordinación e a cooperación co ente público Portos de Galicia na tramitación dos expedientes de expropiación forzosa para a execución de obras portuarias.

Estrutura Organizativa

Baixo a dependencia directa da Axencia Galega de Infraestruturas existen as seguintes unidades:

1. Área de Contratación e Administración

Conta cos seguintes servizos:

  • 1.1 Servizo de Xestión Económico-Administrativa.
  • 1.2 Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa.
  • 1.3 Servizo de Apoio Técnico.
  • 1.4 Servizo de Coordinación Administrativa.

2. Área de Planificación e Programación.

Conta cos seguintes servizos:

  • 2.1 Servizo de Planificación e Programación.
  • 2.2 Servizo de Proxectos.
  • 2.3 Servizo de Supervisión de Proxectos.

3. Área de Seguridade Viaria e Obras.

Conta cos seguintes servizos:

  • 3.1 Servizo de Obras.
  • 3.2 Servizo de Xestión de Vías de Alta Capacidade.
  • 3.3 Servizo de Seguridade Viaria e Conservación.
  • 3.4 Servizo de Explotación.

Servizos Territoriais

  • 1 Servizo de Infraestruturas de A Coruña.
  • 2 Servizo de Infraestruturas de Lugo.
  • 3 Servizo de Infraestruturas de Ourense.
  • 4 Servizo de Infraestruturas de Pontevedra.

 

Documento/s relacionados
  • Organigrama da Axencia Galega de Infraestruturas Descargar