CMATI

|
|
|
Compartir

A Axencia Galega de Infraestruturas

A Axencia Galega de Infraestruturas é o órgano administrativo da Xunta de Galicia encargado de xestionar integramente toda a infraestrutura viaria da Rede de Estradas da Comunidade Autónoma Galega (RAEGA).

A Axencia Galega de Infraestruturas centra os seus obxectivos nunha concreta actuación no territorio a través da análise das principais necesidades e demandas que en materia de infraestruturas existen na nosa Comunidade, tanto en termos de nova construción e prevención de cara as novas necesidades como en termos de seguridade viaria e mantemento dos máis de 5.000 quilómetros xa existentes da rede de estradas autonómica.

A implementación e construción de novas infraestruturas constitúe unha liña básica de actuación que pretende acadar os máis altos graos de vertebración interior e exterior para o noso territorio. Para facer realidade este obxectivo, estanse elaborando un conxunto de Plans de Actuación que definirán as estratexias das futuras tomas de decisións evitando así calquera tipo de arbitrariedade, marcándose prazos realistas e establecendo as dotacións orzamentarias axeitadas para desenvolver da maneira máis eficiente a rede que articulará as comunicacións no futuro de Galicia.

Pero xunto á construción de novos quilómetros de estradas tamén é necesaria a mellora e conservación das xa existentes hoxe, tanto para acurtar os tempos de traxecto como para manter a seguridade nos seus percorridos, modificándoos cando así sexa necesario co fin de obter un trazado homoxéneo, radios de curva amplos coa maior visibilidade posible, un balizamento adecuado para as horas de pouca luz e as condicións meteorolóxicas adversas, sinalización vertical e horizontal axeitada e en resumen todas as condicións necesarias para un bo estado do firme.

As contas anuais da Axencia, unha vez auditadas, están recollidas na conta xeral da Comunidade autónoma que pode consultarse na seguinte ligazón:.

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/economico-financeira-e-contable/economico-financeira-e-contable

 

Documento/s relacionados
  • Constitución e posta en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas Descargar
  • Nomeamento de vogais do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas. Descargar
  • Contrato de xestión da AXI para o período 2016-2017 Descargar
  • Informe auditoría contas anuais 2015 Descargar
Contacto/s relacionados
  • Axencia Galega de Infraestruturas :
    civ.infraestruturas@xunta.es
    Edificio Administrativo San Caetano
    15781 - Santiago de Compostela ( A Coruña )
    Teléfono: 981544564
    Fax: 981544543