CMATI

|
|
|
Compartir

Memoria de seguridade viaria

A Axencia Galega de Infraestruturas redacta anualmente a Memoria de Seguridade Viaria que é un documento que recolle unha comparativa dos accidentes con vítimas dos cinco anos anteriores e unha análise detallada dos accidentes rexistrados no ano anterior á súa edición. A finalidade deste documento é coñecer a accidentalidade en Galicia e máis concretamente na Rede de titularidade autonómica. Un dos obxectivos desta análise é poder tomar as medidas oportunas para reducir o número de accidentes así como a gravidade destes e como obxectivo prioritario, a eliminación dos treitos de concentración de accidentes.

As actuacións encaminadas a diminuír a accidentalidade nun treito poden ser paliativas ou preventivas actuando sobre a estrada e sobre o seu contorno mediante investimentos con contías moi diferentes, e incluso con medidas sen custo, como pode ser unha axeitada planificación urbanística.

Documento/s relacionados
  • Memoria de Seguridade Viaria 2016 (formato PDF) Descargar  (21,7 Mb)