CMATI

|
|
|
Compartir

Introdución

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.  O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

 A Axencia Galega de Infraestruturas desenvolve distintas operacións dentro do marco de dous obxectivos específicos que se detallan a continuación:

 

Obxectivo Temático

03- Mellorar a competitividade das PEMEs, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP)

Prioridade de Inversión

03.04- Apoio á capacidade das PEMEs para medrar nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación

Obxectivo Específico

03.04.03- Promover a Internacionalización das PEMEs

 

Obxectivo Temático

04-Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores

Prioridade de Inversión

04.05- Fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente as zonas urbanas, incluido o fomento da movilidade urbana multimodal sostible e as medidas de adaptación con efecto de mitigación

Obxectivo Específico

04.05.01-Fomento da movilidade urbana sostible: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista peonil, movilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de suministro de enerxías limpas

 

De conformidade co anexo  XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a)  a Axencia informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet. A continuación recollense nunha ficha as distintas operacións financiadas con fondos europeos.

Ligazón ás fichas das actuaciones financiadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

 O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao públicio do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición no seu sitio internet,  da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financiero da Unión.
 

 

 

Documento/s relacionados
  • Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Descargar