CMATI

|
|
|
Compartir

Contratos, Convenios e Encomendas

Contratos

É función da Axencia Galega de Infraestruturas a xestión e tramitación de expedientes de contratación administrativa nas materias propias do seu ámbito de competencias.

A información dos expedientes de contratación xestionados pola Axencia pódese consultar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Tamén pódese consultar o perfil do contratante nesta ligazón.

Para facilitar a presentación de ofertas por parte dos licitadores axúntanse os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAPs), en formato editable, dos distintos contratos que tramita a Axencia:

  • Contratos suxeitos a regulación armonizada
    • Anexo 1A: formulario normalizado do Documento Europeo Único de Contratación (DEUC).Descarga.
    • Anexo 1B: declaración complementaria ao DEUC. Descarga.
    • Instrucións DEUC. Descarga.
  • Contratos non suxeitos a regulación armonizada
    • Anexo 1: Declaración responsable e outros. Descarga.

 

Convenios

A Axencia Galega de Infraestruturas elabora e tramita de convenios de cooperación con entes públicos e de colaboración con particulares no marco das súas competencias. Os convenios tramitados pola Axencia pódense cosultar nesta ligazón.

Encomendas de Xestión

A Axencia Galega de Infraestruturas ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela. As relacións da Axencia con estes poderes adxudicadores articúlanse a través de encomendas de xestión das previstas no número 6 do artigo 24 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

A continuación relaciónanse as encomendas de xestión recibidas pola Axencia.

  • Encomenda de Xestión da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra. Descargar.
  • Encomenda de Xestión da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a redacción do proxecto de construción dun novo edificio administrativo para a Xunta de Galicia e a modificación urbanística do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago de Compostela. Descargar.
  • Encomenda da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para o proxecto de adecuación intermodal das terminais de autobuses e ferroviaria de Pontevedra. Descargar.
  • Acordo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para a ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Descargar
  • Encomenda de xestión do Servizo Galego de Saúde para as obras de construción do Novo Centro de saúde de Milladoiro (concello de Ames). Descargar
  • Encomenda de xestión a Xestión do Solo de Galicia-Xestur para realizar traballos técnicos  Descargar
  • Encomenda de xestión do Instituto Galego de Vivenda e Solo referente ao proxecto e obra dunha EDAR na PLISAN (Plataforma loxística industrial Salvaterra do Miño-As Neves). Descargar
  • Encomenda de xestión da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en materia de elaboración dos estudios previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo. Descargar
  • Encomenda de xestión da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza para diversas actuacións relacionadas coa Orde de 30/12/2016 (subvencións cofinanciadas polo FEADER)  Descargar
  • Encomenda de xestión da Axencia de Turismo de Galicia en materia de recepción de obras Descargar
  • Encomenda de xestión da Axencia de Turismo de Galicia en materia de valoración de ofertas de contratación referentes ao Camiño de Santiago. Descargar
  • Encomenda de xestión do Servizo Galego de Saúde para acometer a execución das obras de construción do Centro de Saúde de Gondomar. Descargar
  • Encomenda de xestión da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para realización
    de controis sobre os proxectos efectuados mediante subvención. Descargar.
  • Encomenda para a construcción do Centro de Saúde de Ares. Descargar.
  • Encomenda de xestión da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a xestión da  contratación dos servizos para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda. Descargar.
  • Encomenda de xestión da Axencia de Turismo de Galicia para a xestión das actuacións precisas para intervencións no contorno dos Camiños de Santiago. Descargar.
  • Encomenda de xestión a TRAGSA na estrada PO-325 (eliminación de obstáculos, balizamento e delimitación de itinerario peonil e ciclista). Descargar
  • Encomenda de xestión. Terminal de autobuses na Coruña  Descargar
  • Encomenda de xestión. Terminal de autobuses en Santiago de Compostela Descargar
  • Encomenda de xestión. Terminal de autobuses en Ourense Descargar
  • Encomenda de xestión. Recepción de obras do Camiño de Santiago. Descargar
  • Marco de encomendas de xestión. Infraestruturas sanitarias do SERGAS Descargar
  • Encomenda de xestión. Aparcadoiros disuasorios Descargar
  • Encomenda de xestión. Porto seco de Monforte Descargar
  • Encomenda de xestión. Melloras en estacións de autobuses Descargar
  • Encomenda de xestión. Alleamento de aproveitamentos madeireiros Descargar