CMATI

|
|
|
Compartir

Plan de aforos

O obxectivo básico do vixente Plan de Aforos é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas da rede, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.

Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co Plan de Aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.

Memoria de Tráfico Anual

Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato digital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.

Hai dúas posibilidades de descargar esta edición dixital desde esta páxina web:

  • Versión completa na que se require primeiro descargar os arquivos e segundo instalar a aplicación “Afoxun” que xestiona a información.
  • Versión resumida en formato “pdf” (Índice, Memoria, Fichas das estacións de aforo e Mapas de tráfico).

 

Documento/s relacionados
  • Descargar Afoxun 2016 (zip) Descargar  (172,0 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2016 (formato PDF) Descargar  (12,8 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2015 (formato PDF) Descargar  (23,6 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2014 (formato PDF) Descargar  (16,3 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2013 (formato PDF) Descargar  (17,8 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2012 (formato PDF) Descargar  (21,8 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2011 (formato PDF) Descargar  (9,9 Mb)
  • Memoria de tráfico do ano 2010 (formato PDF) Descargar  (7673 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2009 (formato PDF) Descargar  (8491 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2008 (formato PDF) Descargar  (6065 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2007 (formato PDF) Descargar  (6556 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2006 (formato PDF) Descargar  (7114 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2005 (formato PDF) Descargar  (7673 KB)