CMATI

|
|
|
Compartir

Catálogo de estradas

No ano 2003 iniciáronse os traballos destinados á obtención de datos xeométricos e de equipamento para o inventario da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA).

A eficiente explotación da información adquirida conséguese a través dunha base de datos informatizada.

Un dos resultados do inventario é o "Catálogo Visual de Estradas", accesible desde esta páxina web para calquera persoa. A través deste Catálogo accédese á imaxe visual do condutor e aos datos xeométricos máis significativos de calquera punto quilométrico que conforma RAEGA.

Tamén se pode realizar o percorrido visual ao longo da estrada que se seleccione avanzando ou retrocedendo segundo se necesite.