CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Introdución

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.  O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

 A Axencia Galega de Infraestruturas desenvolve distintas operacións dentro do marco de dous obxectivos específicos que se detallan a continuación:

 

Obxectivo Temático

03- Mellorar a competitividade das PEMEs, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP)

Prioridade de Inversión

03.04- Apoio á capacidade das PEMEs para medrar nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación

Obxectivo Específico

03.04.03- Promover a Internacionalización das PEMEs

 

Obxectivo Temático

04-Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores

Prioridade de Inversión

04.05- Fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente as zonas urbanas, incluido o fomento da movilidade urbana multimodal sostible e as medidas de adaptación con efecto de mitigación

Obxectivo Específico

04.05.01-Fomento da movilidade urbana sostible: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista peonil, movilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de suministro de enerxías limpas

 

De conformidade co anexo  XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a)  a Axencia informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento, nas pestañas correspondentes aos obxectivos temáticos 3 e 4 recollense nunha ficha as distintas operacións financiadas con fondos europeos.

  O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao públicio do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio internet , de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financiero da Unión.
 

 

 

Documento/s relacionados
  • Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Descargar