CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan de aforos

  • Portada

Descrición:

O obxectivo básico do vixente Plan de Aforos é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas da rede, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.

Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co Plan de Aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.

Memoria de Tráfico Anual

Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato digital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.

Desde esta páxina pódese descargar a aplicación realizada en Acrobat da memoria actual, estruturada nos seguintes apartados:

  • Índice.
  • Memoria.
  • Ficha de Estacións de Aforo.
  • Mapas.

 

Documento/s relacionados
  • Memoria de tráfico do ano 2005 (formato PDF) Descargar (7673 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2006 (formato PDF) Descargar (7114 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2007 (formato PDF) Descargar (6556 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2008 (formato PDF) Descargar (6065 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2009 (formato PDF) Descargar (8491 KB)
  • Memoria de tráfico do ano 2010 (formato PDF) Descargar (7673 KB)
Subir