CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan Director de Mobilidade Alternativa

Descrición:

O Goberno da Xunta de Galicia está a realizar unha decidida aposta por alcanzar un modelo de mobilidade sostible que faga compatible o desenvolvemento económico e a satisfacción das demandas de mobilidade, coa preservación do medio e a loita contra o cambio climático.

Neste contexto, chegar a ese modelo pasa ineludiblemente polo fomento dos modos de transporte non motorizados e pola incorporación de obxectivos ambientais na planificación e ordenación do territorio e das infraestruturas. A modificación da repartición modal neste sentido será o obxectivo fundamental do Plan Director de Mobilidade Alternativa.

Mellorar a sostibilidade do sistema de transporte formula como esixencia atender aos diferentes modos, apostando polo reequilibrio, de modo que se fomente o uso dos modos de transporte público colectivo e os modos alternativos ou saudables de transporte, en detrimento do uso do vehículo privado. E todo iso cunha potenciación da intermodalidade.

Un dos retos das sociedades desenvolvidas en materia de mobilidade consiste en evolucionar cara a modelos económicos con baixos consumos enerxéticos, e nese logro xoga un papel esencial a concienciación da poboación a favor dese tipo de mobilidade. Para este fin, é básica a coordinación entre administracións e a implicación de todos os estamentos da sociedade.

Todos temos que sumar: os xestores das infraestruturas e dos servizos, e os potenciais usuarios destes, porque potenciais usuarios das infraestruturas para a mobilidade non motorizada, somos todos.

Sen dúbida que o obxectivo é ambicioso. Pero, se pensamos nas xeracións futuras, paga a pena o esforzo.

Subir