CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia

Descrición:

Trátase dunha iniciativa que aliña os obxectivos establecidos pola Unión Europea no marco da súa estratexia para un desenvolvemento sustentable, que no ámbito da mobilidade persegue o desenvolvemento duns sistemas de transporte que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o medio ambiente e os seus impactos sociais e económicos; coas posibilidades que abre a nova lei de estradas de Galicia, de optimizar o espazo viario para permitir non só o fluxo de vehículos, senón tamén para complementalo coa posibilidade de dotalo dun espazo para a circulación peonil e ciclista.

O fomento dos modos non motorizados alternativos ao coche constitúe a liña prioritaria de traballo para o logro da devandita meta, sendo o peón e a bicicleta os actores fundamentais do cambio necesario da mobilidade cara a pautas de maior sustentabilidade, tanto no ámbito urbano, como no interurbano.

Os modos non motorizados son os máis eficientes para distancias de ata sete quilómetros, resultando a maior parte dos desprazamentos que realiza a poblacióna diario, son ao redor desta lonxitude. O tope de rango de distancias asumible para a mobilidade cotiá en bicicleta adoita estar nuns 12 quilómetros, sendo un percorrido de 7 quilómetros o máis habitual. En canto á mobilidade cotiá peonil, o tope adoita estar nuns 4-5 quilómetros, sendo as distancias da orde de2 quilómetros as máis habituais.

Preténdese así que os modos non motorizados constitúan unha peza esencial no sistema de transportes á que hai que dotar das condicións adecuadas, así como integrar de maneira eficaz co resto de modos.

Os fins que se buscan á hora de realizar “A Estratexia en Materia de Mobilidade Alternativa en Galicia”, son os seguintes:

  • favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
  • fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente as zonas urbanas, incluído o fomento da mobilidade urbana multimodal sustentable e as medidas de adaptación con efecto de mitigación.
  • Medidas de apoio ao desenvolvemento da mobilidade urbana e interurbana sustentable: mediante sendas ciclistas e peonís.


Deste xeito, no presente documento realízase unha completa análise da situación actual da Comunidade Autónoma neste ámbito, valóranse as necesidades e demandas potenciais e identifícanse unha serie de áreas xeográficas nas que se propón o desenvolvemento de estudos a nivel comarcal a partir das conclusións obtidas.
 

Esta estratexia desenvólvese en estratexias comarcais, que servirán como documento de planificación para o desenvolvemento das actuacións en materia de mobilidade alternativa na referida comarca. Asi, actualmente cóntase con estratexia para a comarca do Salnés, de Santiago, Vigo, Ferrol, Bergantiños, A Coruña e da Terra Chá.

Por último, cómpre sinalar que o Plan Operativo FEDER 2014-2020 inclúe no obxectivo específico OE 4.5.1 o fomento da movilidade urbana sostible, mencionando específicamente o transporte ciclista peonil, proporcionando a financiación para a execución das sendas contidas nas correspondentes estratexias.
 

Subir