CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

López-Chaves destaca a notable mellora na seguridade viaria e a fluidez do tráfico derivada da reforma da rúa Elduayen en Baiona

Vigo, 7 de agosto de 2018.- O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata a vila de Baiona para comprobar a “notable mellora” que supuxo a intervención da Axencia Galega de Infraestruturas na rúa Elduayen en canto á reordenación do tráfico. Destacou así a constatable fluidez da circulación nunha zona onde “as retencións na temporada estival eran importantes”.

A nova glorieta executada pola Consellería de Infraestruturas, que favorece as entradas e as saídas ás instalacións da lonxa e do porto deportivo desde a PO-552, xunto á renovada rede semafórica non só supón un cambio visible na fisionomía do municipio, segundo acentuou o representante autonómico, senón que incrementa a seguridade viaria e facilita a mobilidade nesta contorna.

Na visita, o delegado estivo acompañado polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e concelleiros do seu goberno.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es