CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O DOG publica a transferencia ao Concello de Pontevedra do treito da estrada PO-546, entre o seu inicio e o paso superior da liña do ferrocarril Pontevedra-Porto de Marín

Este treito percorre o seu termo municipal e está integrado no tecido urbano

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobado por decreto da Xunta e proposta da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Coa transferencia, o concello será o responsable da conservación do tramo e poderá actuar de modo acorde coas súas características, pois xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas
 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a transferencia ao Concello de Pontevedra da estrada PO-546, no treito que percorre o seu termo municipal, comprendido entre o seu inicio e o paso superior da liña do Ferrocarril Pontevedra - Porto de Marín (p.q. 0+590).

No treito obxecto do cambio de titularidade a estrada autonómica está integrada no tecido urbano, as súas marxes están acoutados polas edificacións e existen múltiples accesos a rueiros municipais.

Co cambio de titularidade, o Concello de Pontevedra será o responsable da conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta vía de modo acorde coas súas características, e xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como, por exemplo, as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou nos accesos.

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O procedemento establecido nesta lei permitiu axilizar este tipo de expedientes, que son beneficiosos para a Xunta, ao non ter que explotar unha vía que deixou de ter funcionalidade como percorrido interurbano, e para o Concello, xa que libera os cidadáns das cargas administrativas que supón a súa consideración como estrada de titularidade autonómica.

Pode consultarse toda a información no seguinte enlace ao DOG.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es