CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta licita novas actuacións de mellora do firme na estrada da Gañidoira (LU-540) na que se levan investidos 1,2 millóns de euros

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado de representantes dos municipios de Ourol, Xermade, Muras e Viveiro, detallou os traballos a realizar nesta vía

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda prevé iniciar a mellora do pavimento, naqueles puntos máis deteriorados, repintado da sinalización viarias, e mellora das gabias e da súa drenaxe o que permite ganar en seguridade viaria e a garantir o confort na circulación

  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado de representantes dos municipios de Ourol, Xermade, Muras e Viveiro, detallou os traballos a realizar nesta vía
  • O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado de representantes dos municipios de Ourol, Xermade, Muras e Viveiro, detallou os traballos a realizar nesta vía

Ourol (Lugo), 11 de xuño de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de licitar novas actuacións de reforzo do firme na estrada autonómica LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, de tal xeito que nos últimos dous anos o investimento global na mellora desta vía supera os 1,2 millóns de euros.

As obras desenvolveranse ao longo de cinco quilómetros desta vía, coñecida como a estrada da Gañidoira e, polo tanto, beneficiaranse os usuarios da mesma e, moi especialmente, a veciñanza dos catro concellos lucenses nos que se prevé actuar: Ourol, Xermade, Viveiro e Muras.

Destes e doutros detalles deu conta o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que se desprazou esta tarde ata o núcleo de Merille, acompañado de alcaldes e concelleiros dos concellos afectados e técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, para presentar os traballos que permitirán unha circulación máis confortable e segura.

Balseiro explicou que as obras desenvolveranse en distintos puntos, desde o PQ 0+000, isto é o enlace coa estrada LU-540 en Viveiro, ata o PQ 39+520, enlace de Cabreiros. Os traballos consistirán no fresado daqueles puntos da estrada que presentan deterioro e posterior estendido dunha nova capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente.

Ademais, nesta mesma estrada a Xunta prevé unha serie de actuacións complementarias que consisten basicamente no repintado das marcas viarias, coa correspondente reposición da sinalización horizontal.

A previsión que manexa a administración autonómica é iniciar os traballos no mes de setembro, unha vez se adxudiquen, e o prazo de execución dos mesmos será de seis meses. As actuacións previstas neste proxecto non implican a realización de ningunha expropiación, porque todos os traballos a executar están incluídos dentro da franxa de dominio público.

Balseiro lembrou tamén que esta nova actuación, vén a completar a realizada o ano pasado noutros puntos deste mesma estrada e significou a importancia que ten o reforzo do firme nunha vía que asume unha elevada intensidade de tráfico pesado e soporta condicións climatolóxicas adversas. De feito, o novo pavimento proporcionará unha mellor adherencia pneumático-pavimento –menos esvaradío-, un menor nivel sonoro e un maior confort na rodaxe.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es