CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O DOG publica a convocatoria do pago dos depósitos previos aos titulares dos terreos afectados pola construción dunha glorieta no cruce do Empalme, en Curtis

Os propietarios deberán acudir o vindeiro luns 16 de maio á oficina municipal do recinto feiral de Curtis, de 10 ás 11 horas

O inicio da actuación está previsto para o verán, que consistirá na transformación da intersección existente no punto quilométrico 21+900 da estrada AC-840 nunha rotonda para mellorar a seguridade viaria

Este proxecto suporá un investimento da Consellería de Infraestruturas e Vivenda próximo aos 240.000 euros

A construción da glorieta permitirá calmar o tráfico neste punto e permitir os xiros na estrada en condicións máis seguras
 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o convocatoria do pago dos depósitos previos aos titulares dos terreos afectados pola obras de construción dunha glorieta no cruce do Empalme, na estrada AC-840, en Curtis, para realizar o levantamento de actas previas.

O acto de formalización das actas de ocupación terán lugar o vindeiro luns 16 de abril. Os titulares dos terreos afectados deberán acudir entre as 10 e 11 horas á oficina municipal do Recinto Feiral de Curtis, na rúa Emilia Pardo Bazán, s/n.

Esta actuación, que se licitou recentemente, comezará no verán co fin de executar unha glorieta na travesía de Curtis, transformando a intersección existente no punto quilométrico 21+900 da estrada AC-840 para mellorar a súa seguridade viaria.

O proxecto suporá un investimento da Administración autonómica próximo aos 240.000 euros, aos que deberán engadirse os 8.822 euros nos que se estima inicialmente o custo das expropiacións, que afectan a 13 fincas.

Na actualidade, nese punto existe unha intersección en cruz que conta cunha visibilidade bastante reducida por mor da proximidade dun cambio de rasante, polo que a súa transformación en glorieta permitirá calmar o tráfico e permitir os xiros na estrada en condicións máis seguras.

A actuación complementa á obra que actualmente está a executar a Xunta de construción dunha senda na marxe dereita da AC-840, no tramo comprendido entre o Pq 20+145 (en Alto da Espeniña) e o 21+880 (intersección coa estrada autonómica AC-230 en Curtis), e na que se prevé mellorar outra intersección próxima, o cruce coa estrada ao cemiterio (Pq 21+240). Esta obra, que conta cun orzamento próximo a 500.000 euros estará finalizada nesta primavera.

A convocatoria pode consultarse no DOG, https://bit.ly/2ISXPcD.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es