CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora integral da estrada OU-105, en Seixalbo, cun orzamento de máis de 800.000 euros

Esta mellora busca optimizar a circulación de peóns, ciclistas e tráfico rodado e incrementar a seguridade viaria dos veciños

Esta actuación completa un treito de 1,5 km, entre a zona do tanatorio e onde finalizan as vivendas, mellorando a mobilidade peonil e reordenando o tráfico

Levarase a cabo unha actuación no cruce de acceso a Seixalbo, habilitaranse carrís centrais de espera, dotarase a zona de aparcadoiros e disporanse pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica
 

Santiago de Composatela, 13 de marzo de 2018.- Un total de 14 empresas presentaron as súas ofertas para a execución das obras de mellora integral da estrada OU-105, en Seixalbo, cun investimento de máis de 800.000 euros, incluidas as expropiacións necesarias.

Esta mellora busca optimizar a circulación de peóns, ciclistas e tráfico rodado e incrementar a seguridade viaria dos veciños. Así, acometerase unha actuación moi completa nun treito de 1,5 quilómetros, entre a zona do tanatorio e onde finalizan as vivendas, baseada na mellora da mobilidade peonil e na reordenación do tráfico.

Levarase a cabo unha actuación no cruce de acceso a Seixalbo, habilitaranse carrís centrais de espera e dotarase a zona de aparcadoiros. As paradas de autobús existentes adecuaranse e recolocaranse despois dos pasos de peóns, para maior seguridade dos peóns. Disporanse pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica. Habilitarase un carril para bicicletas e melloraranse e completaranse as beirarrúas.

Esta obra de Seixalbo complementa a outras actuacións da Xunta, importantes para a cidade, tamén relacionadas coa seguridade viaria como a mellora da accesibilidade na avenida Otero Pedrayo, que suporá un investimento de máis de 2 millóns de euros.

A Xunta continúa investindo en seguridade viaria co fin de incrementar a calidade de vida dos veciños e facer cidade.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es