CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta investirá 1,3 millóns de euros na humanización da rúa Concepción Arenal de Marín para convertela nunha vía municipal

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asinará un convenio co Concello de Marín para cofinanciar as obras, que se executarán entre o treito de 500 metros da estrada PO-546 que vai desde a glorieta das Anclas e a rúa real de Cantodarea

O orzamento deste proxecto ascende a máis de 1,6 millóns de euros, que serán achegados nun 80 % polo Goberno galego e nun 20 % polo Concello de Marín

O obxectivo da actuación é ampliar as beirarrúas para facilitar o paso de peóns, reordenar os aparcamentos e a zona de carga e descarga para facilitar o tráfico

O Concello de Marín, que ten redactado os proxectos construtivos, contratará e executará as obras e comprométese a asumir a titularidade da PO-546 en todo o tramo que percorre o seu termo municipal
 

Santiago, 10 de marzo de 2018.- A Xunta investirá 1,3 millóns de euros na humanización da rúa Concepción Arenal de Marín para convertela nunha vía municipal.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asinará un convenio co Concello de Marín para cofinanciar as obras, cun orzamento total de 1,6 millóns de euros, que se executarán entre o treito de 500 metros da estrada PO-546 que vai desde a glorieta das Anclas e a rúa real de Cantodarea. A Administración autonómica achegará o 80% do importe desta actuación o o Concello, o 20% restante e asumindo, ademais, a titularidade da vía.

A rúa Concepción Areal correspóndese cun treito da estrada autonómica PO-546 que comunica Pontevedra con Marín e que nesta zona se atopa moi urbanizado, cun tráfico principalmente local tras a posta en marcha da Variante deste municipio.

O convenio autorizado hoxe polo Consello da Xunta pretende adaptar as condicións deste treito da estrada ao seu actual uso como como vía urbana, ampliando as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil, reordear os aparcamentos e a zona de carga e descarga, na procura dun tránsito máis fluído na estrada. Ademais, prevese renovar os servizos existentes e instalar novo mobiliario urbano.

O novo deseño da vía terá un ancho de calzada de 6,2 metros, con dous carrís por cada sentido aos que se suman 2,20 metros máis na zona onde está previsto o espazo de aparcadoiro, na marxe esquerda, no sentido de José Trasende a Contodarea.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es