CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta rematará as obras da Ponte da Barca entre Pontevedra e Poio este mesmo ano, sen apenas afectar ao tráfico

Estas actuacións teñen un prazo de execución de 5 meses e suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros

Para cumprir as datas, xa o pasado venres, día 9, iniciouse a contratación das obras de reparación, polo que as empresas teñen ata o vindeiro 7 de marzo para presentar as súas ofertas

Nesta obra empregaranse materiais máis duradeiros e en perfecta sintonía co medio, dun xeito integrado coa paisaxe

Tamén, porase en valor esta infraestrutura, iluminando tanto a propia ponte como a estrada con proxectores led, que mellorarán a estética realzando a estrutura
 

  • O vicepresidente da Xunta e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañados de representantes municipais, presentaron en rolda de prensa o proxecto das actuacións
  • O vicepresidente da Xunta e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, acompañados de representantes municipais, presentaron en rolda de prensa o proxecto das actuacións

Santiago, 13 de febreiro de 2018.- A Xunta rematará este mesmo ano as obras de reparación da Ponte da Barca (PO-531) sobre o río Lérez, cuxa adxudicación se realizará antes do verán, para comezar o antes posible ditas actuacións, que suporán un investimento de máis de 1,2 millóns de euros e que se levarán a cabo sen apenas afectar ao tráfico da zona. Así, o anunciaron en rolda de prensa o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.

Estas actuacións, que teñen un prazo de execución de 5 meses, enmárcase na aposta que, desde o Goberno galego, se ven realizando para manter en perfectas condicións a rede de estradas de titularidade autonómica. Para isto, o Executivo autonómico realizou unha importante análise e revisou toda a estrutura ao longo do pasado ano, resultado de dito estudo é o proxecto que hoxe se presentou aos concellos beneficiados.

Para cumprir os prazos xa o pasado venres, día 9, iniciouse a contratación das obras de reparación, coa publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG). As empresas teñen agora de prazo ata o vindeiro 7 de marzo para presentar as súas ofertas.

Os traballos suporán a renovación da marquesiña que protexe as beirarrúas; construirase unha nova estrutura de madeira, cun tratamento protector que estará especialmente deseñada para evitar a acumulación da auga e a cuberta será de aluminio para evitar un rápido deterioro e garantir unha maior durabilidade.

Nesta obra empregaranse materiais máis duradeiros e en perfecta sintonía co medio, dun xeito integrado coa paisaxe. Ademais, levaranse a cabo outras accións importantes para a conservación da propia ponte, para incrementar a súa vida útil, como o selado de fisuras; a mellora evacuación das augas; a reparación dos sumidoiros; ou o repintado da estrutura.

Así mesmo, iluminarase tanto a propia ponte como a estrada con proxectores led, que mellorarán a estética realzando a estrutura, ademais de acadar unha maior eficiencia enerxética e un aforro no consumo.

Este proxecto ten selo galego, posto que foi realizado por unha enxeñería galega especializada en estruturas, o que garante que as actuacións que se van levar a cabo son resultado dunha minuciosa avaliación por parte de técnicos especialistas en ofrecer solucións duradeiras neste tipo de estruturas e coa utilización, ademais, de materiais tradicionais, materiais galegos, como pode ser a madeira.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es