CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O DOG publica o decreto de utilidade pública e dispón a ocupación dos bens afectados pola construción dunha senda entre a Barcia e Roxos, en Santiago, cun investimento de 1,1 millón de euros

Este itinerario peonil e ciclista na estrada forma parte do proxecto previsto para permitir completar o percorrido entre Compostela e Bertamiráns pola estrada Santiago-Noia sen necesidade de usar o coche

Entre A Barcia e Roxos construirase unha senda de case 2,4 quilómetros que incluirá unha pasarela de madeira para salvar o regato existente

A actuación forma parte do Plan de sendas de Galicia que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está desenvolver na comarca de Santiago, sumando 14,6 novos quilómetros nos concellos da comarca

Estas obras serán cofinanciadas con fondos Feder do programa operativo 2014-2020

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación das 18 fincas necesarias para a construción dunha senda peonil e ciclista entre as parroquias da Barcia e Roxos, en Santiago de Compostela. Para obter máis información, pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/aHzmti.

Esta obra forma parte do proxecto previsto pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda para facer posible completar o percorrido entre Compostela e Bertamiráns a través da estrada autonómica AC-543 (Santiago-Noia) sen necesidade de empregar o coche.

Con ese fin rematou xa a construción do treito da senda entre Vidán en Laraño, tamén en Santiago, e se iniciaron xa as expropiacións para conectar Roxos con Aldea Nova, no Concello de Ames. Entre ese mesmo concello e o de Brión está, ademais, executandose na actualidade a senda que une a urbanización Monte Devesa con Aldea Buio.

A aprobación hoxe polo Consello da Xunta das expropacións supoñen un avance nos trámits necesarios para a construción da senda entre A Barcia e Roxos, cuxas obras a Xunta licitará proximamente por un importe de 1,1 millóns de euros. O investimento previsto nas expropiacións é de aproximadamente 7.000 euros.

O proxecto prevé a construción dunha senda peonil e ciclista entre os puntos quilométricos 1+800 e 4+150 da estrada AC-543 no Concello de Santiago de Compostela. A senda consta dunha plataforma cun mínimo de 1,8 m de ancho, de formigón coloreado e separada da calzada por unha zona axardinada, mais os bordos de separación. No tramo comprendido entre os puntos quilométricos 1+970 e 2+012 proxéctase unha pasarela de madeira de 2 metros de ancho coa fin de salvar o regato existente.

A actuación forma parte do Plan de sendas de Galicia que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está desenvolver na comarca de Santiago, sumando 14,6 novos quilómetros nos concellos da comarca.

Así, ademais das mencionadas anteriormente sobre a estrada Santiago-Noia, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda rematou xa a construción de case seis quilómetros de senda na estrada AC-240, no Concello de Touro.

Tamén está en obras a senda para fomento da mobilidade sostible na AC-841 no Concello de Teo de 1 km, dende o consultorio local de Pontevea ata Pontevea norte.

Por último, na estrada AC-960 nos Concellos de Santiago e Boqueixón, desenvolveranse outros dous treitos de senda dende A Susana ata A Eirexe, pasando polo polígono industrial, que suman 1,9 quilómetros.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es