CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Iniciado o procedemento de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública en Sanxenxo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa

Iniciado o procedemento de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública en Sanxenxo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017.- A Xunta de Galicia adxudicará 24 vivendas de promoción pública actualmente vacantes nos concellos de Sanxenxo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa, unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda iniciou os trámites para o sorteo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda na localidade. O sorteo realizarase o próximo 22 de marzo.

As vivendas a sortear están vacantes despois da renuncia dos seus adxudicatarios anteriores.

O proceso iniciado permitirá ademais elaborar unha lista de adxudicatarios para as vivendas que queden vacantes nos próximos meses, de maneira que a adxudicación se realice o antes posible.

No concello de Sanxenxo adxudicarase unha vivenda vacante e no de Vilagarcía de Arousa catro, mentres que no de Vila de Cruces adxudicaranse 20 vivendas do poboado mineiro de Fontao. No caso de Vila de Cruces no sorteo das vivendas entrarán os demandantes deste concello e os dos concellos colindantes: Agolada, Silleda e Lalín.

A entrega das 24 vivendas actualmente dispoñibles realizarase unha vez rematado o proceso de adxudicación e todos os trámites previos. No caso de renuncia dalgún adxudicatario a vivenda correspondente adxudicarase ao primeiro da lista de espera. As vivendas poderán adxudicarse en réxime de compravenda ou alugueiro en función dos ingresos dos adxudicatarios.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es