CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta celebra a sinatura do contrato para a construción do Centro Vialia en Vigo, que podará executarse grazas á Lei urbanística impulsada polo Goberno galego

A Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese permitirá desenvolver o conxunto da estación intermodal de Vigo a pesar de que a cidade non ten Plan Xeral

Actualmente estase a ultimar o encaixe técnico da gran actuación urbana que vai aparellada aos acceesos e que será cofinanciada pola Xunta, o Adif e o Concello de Vigo

O Goberno galego investirá máis de 12,3 millóns de euros na nova estación de autobuses integrada na do ferrocarril

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018.- A Xunta de Galicia celebra a sinatura hoxe do contrato entre o Adif e a empresa adxudicataria da construción e explotación do Centro Vialia no complexo da estación intermodal de Vigo, que poderá executarse grazas á lei urbanística impulsada polo Goberno galego e sen necesidade de esperar á aprobación dun novo Plan Xeral.

A Lei 3/ 2016 foi aprobada polo Goberno galego tras a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo para evitar que os proxectos estratéxicos da cidade quedasen bloqueados. A devandita Lei de proxectos de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese permite desenvolver as iniciativas máis relevantes para a cidade de Vigo mentres non se aproba un novo plan xeral.

Un deses proxectos estratéxicos para Vigo é o complexo da estación intermodal de Urzaiz, que comprende a actual terminal de ferrocarril, a futura estación de autobuses integrada e o Centro Vialia.

A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, a través do Adif, integraron o conxunto nun único proxecto para a súa tramitación na Xunta de Galicia a través da Lei 3/2016, coa fin de obter a autorización urbanística necesaria para a súa execución.

A pesar de que o Goberno galego comezou a deseñar a nova estación de autobuses no ano 2015 e desde antón viña solicitando a implicación do Concello na definición dos accesos, non foi ata a mediados do pasado ano cando o Concello de Vigo presentou unha proposta ao respecto.

A Xunta e o Ministerio de Fomento avaliárona positivamente e está a ser incorporada ao proxecto para a súa tramitación a través desa Lei. Trátase dunha gran actuación urbana que cofinanciarán as tres administracións e cuxo encaixe técnico está a ser ultimado para facer posible a sinatura do convenio e continuar coa tramitación.

Unha vez concluídos eses trámites, a Xunta estará en disposición de licitar as obras da nova estación de autobuses intermodal, na que investirá máis de 12.3 millóns de euros.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es