CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta achega 60.000 euros ao concello de Larouco para o acondicionamento da rúa da Capela, en Freixido

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou un convenio de colaboración co alcalde, Joaquín Bautista

Coa rehabilitación deste espazo público mellorarase a accesibilidade e seguridade da rúa e renovaranse os servizos de abastecemento e pluviais deteriorados, incidindo na seguridade viaria de peóns e condutores

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou un convenio de colaboración co alcalde, Joaquín Bautista
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou un convenio de colaboración co alcalde, Joaquín Bautista
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou un convenio de colaboración co alcalde, Joaquín Bautista

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou co alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, un convenio de colaboración polo que a Axencia Galega de Infraestruturas financiará as obras de acondicionamento da rúa da Capela na parroquia de Freixido. Para esta intervención, o Goberno galego investirá 60.000 euros.

Este acordo, que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2018, establece as condicións que rexerán para a reforma desta vía que se atopa moi deteriorada e con abundantes fochancas. Para a súa mellora, faise necesaria a demolición e reposición do pavimento de formigón e a reparación das deficiencias detectadas no sistema de pluviais e de abastecemento, que evitará que se formen bolsas de auga.

As actuacións a realizar suporá o levantamento do firme de formigón e a pavimentación coa colocación do zahorra artificial. No caso do sistema de pluviais, procederase á colocación de canal de formigón para desaugue e reixa de fundición con marco angular galvanizado, ademais da colocación de lineais de tubaria de polietileno

Coa rehabilitación deste espazo público, mellorarase a accesibilidade e seguridade da dita rúa e renovaranse os servizos de abastecemento e pluviais deteriorados, incidindo na seguridade viaria de peóns e condutores.

A Axencia Galega de Infraestruturas ten entre os seus obxectivos a mellora da rede viaria de Galicia, a ordenación do territorio e a súa cohesión, de xeito que se proporcione ás persoas usuarias unha rede eficaz, cómoda e segura, fomentando as relacións municipais e intermunicipais na procura e no fomento dun desenvolvemento harmónico.

Con este convenio, a Xunta, en colaboración co Concello da Larouco, trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas infraestruturas, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que achegue unha maior calidade de vida á cidadanía.

Así, o Concello de Larouco deberá levar a cabo as actuacións necesarias para a execución das obras, para o que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, asume o compromiso de financiar as obras destinando para 60.000 euros.

Esta axuda é compatible coa obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos doutras entidades para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que a contía total das axudas non supere o 100% do importe da actividade subvencionada.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es