CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta destina 420.000 euros á reparación da ponte sobre a desembocadura do río Xallas

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos, que completarán en tres meses o saneamento dun elemento de singular beleza

A estrutura presenta varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden chegar a reducir a vida útil do viaduto
 

  • O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos, que completarán en tres meses o saneamento dun elemento de singular beleza
  • O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos, que completarán en tres meses o saneamento dun elemento de singular beleza
  • O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos, que completarán en tres meses o saneamento dun elemento de singular beleza

Dumbría (A Coruña), 11 de xaneiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá os traballos que se están a executar na ponte sobre o río Xallas, nos límites entre os concellos de Dumbría e Carnota, e que supoñen un investimento de algo máis de 419.000 euros. Na visita tamén participaron os alcaldes de ambos os dous municipios, José Manuel Pequeño e Ramón Noceda, respectivamente.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda promove o selado das fisuras existentes; a reparación de desconchóns no formigón, previo tratamento das armaduras; a eliminación e prevención de humidades e mellora do drenaxe mediante: limpeza de humidades e mellora da drenaxe da calzada. Ademais do fresado do firme para impermeabilización do taboleiro e a repavimentación; colocación de sumidoiros e reposición de baixantes. Esta actuación, que conta cun prazo de execución de tres meses, está a ser acometida pola empresa Arias Infraestructuras S.A. Os traballos desenvólvense concretamente no punto quilométrico 9+900 da AC-550, na desembocadura do río. A estrutura presenta varios danos que, aínda que non supoñen ningún perigo dende o punto de vista estrutural, poden reducir a durabilidade da ponte.

Aproveitando a actuación, tamén se mellorarán os sistemas de contención, reparación de varandas; colocación de nova barreira flexible metálica e de sinalización vertical. Prevense, ademais, obras complementarias como a reposición da protección metálica das canalizacións eléctricas e de telefonía e a instalación de elementos para a iluminación artística da ponte. Esta obra retrasouse durante meses por un problema de falta de subministro del material necesario para a súa execución.

Ovidio Rodeiro destacou “a singular beleza dun lugar único na nosa xeografía e que merece toda a atención e esforzo”, e pediu desculpas polo retraso do inicio da obra “por causas alleas á vontade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda”. “Faremos todo o que quede na nosa man para que o resultado final compense todas as molestias”, rematou o delegado.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es