CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta adxudica máis de 37.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de preto de 1,5 millóns de euros

O solo adxudicouse en sete parques empresariais das catro provincias galegas

Dende a implantación das bonificacións en 2015 xa se adxudicou preto de 1,1 millóns de metros cadrados de solo

Xestur tamén adxudicou a redacción de proxectos para a conexión do saneamento e o subministro de auga ao parque empresarial de Morás, en Arteixo
 

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2017.- A Xunta de Galicia adxudicou máis de 37.000 metros cadrados de solo empresarial en sete parques empresariais, con bonificacións sobre o prezo de venda que acadan un total de preto de 1,5 millóns de euros.

O consello de administración de Xestur procedeu á adxudicación de parcelas con prezo bonificado nos parques de A Sionlla (Santiago de Compostela), Bértoa (Carballo), Melide, Barreiros, Vilamarín, Pereiro de Aguiar e A Reigosa (Ponte Caldelas), segundo se indica no seguinte cadro.

PARQUE
Nº PARCELAS
SUPERFICIE
m2
PREZO DE VENDA €
BONIFICACIÓN €
A Sionlla
2
11.984
1.276.777,60
547.190,40
Bértoa
7
12.391
475.394,72
475.394,68
Melide
1
1.848
77.616
33.264
Barreiros
3
3.780
96.390
96.390
Vilamarín
1
1.499,02
49.655,04
49.655,04
Pereiro de Aguiar
3
3.375
135.000
135.000
A Reigosa
1
2.640,64
145.967,40
143.326,76
TOTAL
18
37.517,67
2.256.800,76
1.480.220,88

Dende que en 2015 a Xunta implantou a bonificación do prezo do solo empresarial propiedade do IGVS e Xestur, e posteriormente a adxudicación en dereito de superficie, xa se adxudicou preto de 1,1 millóns de metros cadrados a preto de 250 empresas, con bonificacións no prezo do solo que superan os 26 millóns de euros. Dende 2015 adxudicouse o 40 por cento do solo empresarial propiedade da Xunta de Galicia, recuperando os niveis anteriores á crise económica.

Arteixo

Por outra parte, Xestur adxudicou a redacción de proxectos técnicos para conexións exteriores do parque empresarial de Morás, no concello de Arteixo, no que xa se están a desenvolver as obras de acondicionamento da estrada DP-0512, que constitúe o eixo principal do parque empresarial de Morás ao coincidir co viario V-5 do parque empresarial (obra adxudicada en abril deste ano por importe de 821.989,80 euros e un prazo de execución de 10 meses) e obra de explanación da plataforma K3 e execución do vial denominado Eixo 0, adxudicada a finais de setembro pasado por importe de 3.109.901,22 euros, IVE incluído, e un prazo de execución da mesma de catro meses.

No parque empresarial de Morás xa se adxudicou unha parcela de105.969 metros cadrados.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es