CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta constata a satisfacción dos usuarios de transporte público de Melide coa nova liña que une o concello con Toques

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda articulou unha solución para recuperar un servizo que desaparecera logo do abandono da empresa que xestionaba a liña

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a alcaldesa, Dalia García, compartiron parte do percorrido cos usuarios, que dispoñen dunha nova opción
 

  • O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a alcaldesa, Dalia García, compartiron parte do percorrido cos usuarios, que dispoñen dunha nova opción

Melide (A Coruña), 5 de decembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, compartiu esta mañá cos usuarios un treito do percorrido da liña de bus Toques-Melide, que entrou en funcionamento o pasado 1 de novembro, atendendo unha petición da alcaldesa de Melide, Dalia García. A propia rexedora, xunto co xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Antonio Álvarez, acompañaron a Rodeiro neste desprazamento.

A implantación desta ruta xurde dun escrito remitido por Dalia García a mediados de setembro, no que solicitaba unha liña do programa de uso compartido TES+BUS entre Toques e Melide para acoller a demanda, pasando polas parroquias ou lugares melidenses de Folladela ou As Barreiras, que quedara sen atender polo abandono por parte do empresario que cubría o devandito percorrido. Xustificaba a alcaldesa a súa petición na necesidade de responder ás necesidades das persoas que utilizaban a liña para ir a Melide dende ámbitos periféricos rurais a servizos tales como o Centro Ocupacional.

Logo de estudar a petición da alcaldesa, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda concluíu que o TES+BUS non seria posible mais que en Toques, xa que solo levaría ós usuarios ós centros escolares, pero non podería continuar a Melide. Por contra, a consellería decidiu ampliar unha liña para unir Toques con Melide, en razón das posibilidades que había de modificación contractual derivado do novo marco de concesións que comezou o pasado mes de agosto, aproveitando a marxe dos quilómetros ofertados pola concesionaria, dentro do novo Sistema integrado derivado do Plan de Transporte Publico de Galicia.

Desta forma, desde o pasado 1 de novembro, ás 10.15 da mañá parte un bus desde o CEIP de Toques que chega a Melide arredor das 11.05 horas. No sentido inverso, ás 13.00 horas parte de Melide e chega a Toques en torno ás 13.50 horas. O TES+BUS segue a funcionar nas oito liñas que en Melide e unha en Sobrado que opera a empresa Autos Puntero.

Ovidio Rodeiro destacou que “este novo modelo responde a unha aposta por racionalizar os recursos públicos, a condición de que se respecten os horarios e paradas que precisan os escolares”, polo que á petición inicial da alcaldesa non tiña encaixe. Con todo “o departamento que dirixe Ethel Vázquez comprometeuse a manter aberto o diálogo e, una vez demostrado que a demanda de Dalia García estaba xustificada e razoada, articulouse esta solución que contenta a todas as partes”.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es