CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Ethel Vázquez salienta que as bonificacións da Xunta facilitaron a adxudicación de 90.000 m2 de solo no parque empresarial da Sionlla, que recibirá o seu impulso definitivo coa ampliación de Finsa

Vázquez Mourelle salienta que o dinamismo na Sionlla se debe ás bonificacións do 30 % no prezo de solo e a posibilidade de acceder mediante dereito de superficie, un alugueiro simbólico con dereito a compra

Xa están abertas nese parque 8 novas empresas e outras 18 están coa redacción dos seus proxectos ou en fase de obtención de licenzas

No conxunto de Galicia, a política de incentivos á venda de solo empresarial permitiu adxudicar máis de 1 millón de metros cadrados de solo empresarial

A conselleira subliña o esforzo da Xunta para que as empresas se decanten por Galicia a través de medidas que favorezan a captación de novos investimentos e que animen aos emprendedores a investir e crear emprego na terra
 

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o polígono da Sionlla
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o polígono da Sionlla
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o polígono da Sionlla
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o polígono da Sionlla
  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou o polígono da Sionlla

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que as bonificacións da Xunta ao prezo do solo empresarial incentivaron a actividade empresarial e facilitaron a adxudicación de 90.000 no polígono da Sionlla, en Santiago, un parque que recibirá o seu impulso definitivo coa ampliación de Finsa.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe as instalacións da madereira Finsa, que prevé ampliar a súa superficie con 5 parcelas de máis de 205.000 metros cadrados adquiridas no parque da Sionlla.

Vázquez Mourelle salientou que a Xunta adxudicou nos dous últimos anos máis de un millón de metros cadrados de solo empresarial da súa propiedade en Galicia, 1 de cada 3, volvendo a niveis previos á crise, grazas á incentivos como a bonificación no prezo e á modalidade do dereito de superficie.

A titular de Infraestruturas sinalou que este dinamismo na Sionlla nos últimos anos se debe ás bonificacións do 30 % activadas pola Xunta no prezo de solo e á modalidade do dereito de superficie, un alugueiro simbólico con dereito a compra, pagando un canon anual que vai desde os 1,73 €/ m²/ ano para aqueles empresarios que desenvolvan unha iniciativa innovadora do sector biotecnolóxico ou da construción e rehabilitación sostible.

Neste parque industrial están actualmente adxudicados máis de 360.000 m² de solo. Xa están abertas e funcionando 8 empresas (un supermercado, un taller, un establecemento de comidas...) e tamén outras 18 están coa redacción dos seus proxectos ou en fase de obtención de licenzas.

Finsa disporá dunha parcela única de grandes dimensións para o crecemento natural da factoría, o que lle permitirá impulsar a innovación tecnolóxica nos seus procesos e incrementar notablemente a súa capacidade de produción. Esta ampliación vai supoñer un investimento estimado de 80 millóns de euros en tres anos e tamén a creación de máis de 300 empregos directos.

No mes de setembro o Consello de Administración de Xestur deu luz verde á formalización da compravenda das parcelas que se realizou en outubro e autorizou o inicio de movemento de terras co fin de que a empresa puidese comezar canto antes as obras para a súa instalación no parque da Sionlla.

En definitiva, a conselleira fixo fincapé en que a Xunta segue a traballar para que as empresas se decanten por Galicia coa posta en marcha destas e doutras medidas, como a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais aprobada recentemente, que favorezan captación de novos investimentos e que animen aos emprendedores a investir e crear emprego na súa terra.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es