CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta entrega en Cee as chaves de catro vivendas de alugueiro destinadas a familias en risco de vulnerabilidade

As adxudicacións corresponden a pisos baleiros, algúns deles rehabilitados, procedentes dos convenios do IGVS con Abanca e o Sareb para estes casos

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, desprazouse á localidade para entregar os pisos aos seus novos inquilinos, que acceden ao seu alugueiro

  • O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregou hoxe as chaves das catro vivendas que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Cee (A Coruña), 11 de outubro de 2017.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, entregou hoxe as chaves das catro vivendas que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pon a disposición de familias en situación de vulnerabilidade social. Trátase de catro pisos situados no termo municipal de Cee, e que son cedidos en réxime de alugueiro social.

As vivendas proceden dos acordos subscritos entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tanto con Abanca como coa Sareb, polo que as entidades poñen a disposición da Administración unha bolsa de vivendas para atender estes casos de necesidade urxente. As vivendas adxudícanse a proposta da Comisión Provincial de Vivenda, na que están representados a Xunta e o concello de cada caso. A adxudicación definitiva correspóndelle á conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Ovidio Rodeiro saudou persoalmente aos novos inquilinos e sinalou que “no que vai de ano xa se realoxou a máis de 60 familias en vivendas propiedade do IGVS ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank”, o que supón unha vivenda adxudicada cada menos de cinco días. “A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica” indicou o delegado.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia. Entre as devanditas medidas atópanse a dación en pago das vivendas protexidas, o realoxo de Afectados por execucións hipotecarias, o aprazamento xudicial dos desafiuzamentos, o programa Reconduce, o plan RehaVIta, para facilitar o acceso á vivenda dos máis necesitados ou o acordo coa Valedora do Pobo para atención dos problemas en materia de vivenda. Existen, así mesmo, programas como o Bono de Alugueiro Social, o censo de Vivendas Baleiras ou o asesoramento xurídico gratuíto aos afectados por procesos de desafiuzamento.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es