CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O delegado territorial da Xunta en Lugo supervisa as obras de reforzo do firme que A Xunta acomete na estrada da Gañidoira

José Manuel Balseiro lembra que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda inviste máis de 775.000 euros na execución destes traballos que beneficiarán aos concellos polos que discorre esta vía Xermade, Muras, Ourol e Viveiro

A LU-540 verá mellorado o seu pavimento, sinalización e drenaxe contribuíndo a ganar en seguridade viaria e a garantir o confort na circulación dos seus usuarios
 

  • O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a localidade de Muras para supervisar as obras de reforzo do firme

Muras (Lugo), 13 de setembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse ata a localidade de Muras para supervisar as obras de reforzo do firme que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executa na estrada da Gañidoira, a LU-540.

Os traballos, promovidos pola Axencia Galega de Infraestruturas, contan cun orzamento de 775.185,34 euros e beneficiará a todos os concellos polos que percorre esta vía que une Xermade, Muras, Ourol e Viveiro, ademais de ser unha estrada de paso habitual para a conexión coa capital da provincia.

A obra consiste na mellora da calzada, con fresado do pavimento actual en todo o ancho do carril e posterior extensión dunha capa de mestura asfáltica en quente. Como actuacións complementarias á rehabilitación estrutural do firme prevese a reposición das marcas viarias e a execución de cunetas de formigón e de drenaxes naqueles tramos nos que sexa preciso a súa recuperación.

A execución destes traballos realízase de tal xeito que permite, coa sinalización de oportuna, manter a circulación do tráfico sen menoscabo da seguridade dos usuarios nun treito no que a intensidade media de circulación relevante, ademais de contar cun importante tráfico pesado.

Balseiro indicou que unha vez rematados os traballos –que se desenvolverá probablemente ao longo de todo o mes en curso- a nova estrada verá aumentada a súa seguridade viaria, así como ofrece mellores garantías para a circulación e de duración do pavimento incluso en condicións climatolóxicas de neve que son habituais nalgúns puntos deste percorrido durante o inverno.

De feito, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda acomete estes traballos de reforzo do firme para contribuír a que os pavimentos presenten unha mellor adherencia, menor nivel sonoro e un bo comportamento en canto á súa drenaxe superficial, así como maior resistencia á acción abrasiva do tráfico.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es